Historia

No outono de 1978, o Ministerio de Cultura, recen creada a democracia en España, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Comunitario,  a proposta do entón xesuíta Francisco Verdú Garrido e  segundo o exemplo das “Universidades da Terceira Idade” fundadas por Pierre Vellás cinco anos antes en Toulouse (Francia), decidiu poñer en marcha en España o programa coñecido como “AULAS DA TERCEIRA IDADE”. Este programa instituíuse simultaneamente en 22 cidades españolas como unha resposta específica ás demandas educativas e culturais das persoas maiores de 60 anos. Santiago de Compostela e Vigo foron unhas das cidades fundadoras e, por ende, pioneiras. As Aulas de Santiago, en mans do tamén Xesuíta P. Francisco Gómez, foron as organizadoras do I Congreso Fundacional das Aulas da Terceira Idade de España que  se celebrou nesta cidade.

En 1978 crease tamén o Centro Piloto Nacional das AULAS DA TERCEIRA IDADE de Madrid

– Nunha primeira “fase piloto experimental”(1978-1980), os directores, profesores e técnicos de diferentes “AULAS DA TERCEIRA IDADE”, tras unha longa e profunda reflexión, debates frutíferos e intercambio de ideas puxeron as bases, fixaron os obxectivos, estableceron a metodoloxía e planificaron as áreas de actividades básicas que debían desenvolver as “AULAS DA TERCEIRA IDADE” para ser consideradas como tales.

–  Nunha segunda “fase de consolidación e profundización” (1980-1982), as “AULAS DA TERCEIRA IDADE” seguiron crecendo, aumentando o número dos seus “Alumnos” e o número dos seus Centros, crease na cidade da Coruña, innovando actividades e creando programas cada vez máis orixinais, máis participativos, sempre tendo como eixe a cultura e a mellora da calidade de vida, a saúde integral e o benestar das persoas maiores.

– Nunha terceira “fase de descentralización e expansión rexional” (1982-1984), con motivo da constitución da España das Autonomías, as “AULAS DA TERCEIRA IDADE” de España, afiánzanse, son cada vez mais coñecidas a nivel nacional e internacional e a súa repercusión benéfica no colectivo dos maiores e na sociedade onde están insertadas é cada vez máis notoria. Fúndanse as Aulas de Ferrol e Ourense, e encargáselle o P. Gómez a dirección das Aulas de Vigo.

O traballo desenvolto polas Aulas da Terceira Idade de Galicia foi recoñecido internacionalmente ca invitación do P. Gómez como experto a varios Consellos de Ministros Europeos e a I Asemblea Mundial do Envellecemento celebrada en Viena.

– Nunha cuarta “fase de normalización e crecemento” (dende 1985 ata a actualidade), as noventa e oito “AULAS DA TERCEIRA IDADE” que funcionan na actualidade esténdense por tódalas Comunidades Autónomas do estado español e desenvolven os seus programas de actividades socioculturais con total normalidade e eficacia. No 1986, iníciase a celebración anual dos Encontros das Aulas de Galicia.

Entre 1991-1992 créanse as Aulas da Terceira  Idade de Lugo, Padrón, Vilalba e Monterroso. No 1995 crease a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, que pasa a ocuparse da xestión das Aulas da Terceira Idade de Galicia. No 1998 o P. Gómez foi elixido por  unanimidade Presidente da Asociación Internacional de Universidades da Terceira Idade. Falece o P. Francisco Gómez  e o Rvdo. P. Rafael Romero Valencia S.J. é nomeado Director das Aulas da Terceira Idade de Galicia, cargo que ocupa na actualidade.

Baixo a Presidencia do P. Rafael Romero, as Aulas conseguen mellorar notablemente a súa situación económica e comeza unha fase de renovación continua en tódalas sedes. Durante os últimos anos, varios proxectos das Aulas da Terceira Idade de Galicia (ATEGAL) foron premiados pola Obra Social Caixa Madrid, a Obra Social Viure e Conviure da Caixa Catalunya, a Fundación Pedro Barrié da Maza ou a Obra Social Bancaja. Así mesmo, hai que destacar a colaboración entre esta entidade e os concellos, nos que hai sede das Aulas, para a realización de proxectos anuais sempre novedosos e de interese para as persoas maiores.

Dende a súa fundación ATEGAL é membro da Asociación Internacional de Aulas da Terceira Idade (AIUTA) e da Confederación Española de Aulas da Terceira Idade (CEATE). Fírmanse convenios de colaboración anuais cas tres universidades galegas. Así mesmo, hai que destacar a colaboración entre esta entidade e os concellos ou deputacións, nos que hai sede das Aulas, para a realización de proxectos anuais sempre novedosos e de interese para as persoas maiores.

No ano 2004  creouse a web da Asociación, www.ategal.com, e posteriormente, no ano 2005,  apareceu a revista ATEGAL de periodicidade semestral cas novidades en cada sede. Esta revista complementase ca dixital www.rumorosos.com, con artigos de opinións de profesores, autoridades e alumnos de ATEGAL.