Proxectos

SENIOR LAB 2018

Galicia  se presenta como una comunidad envejecida, en la que el 23% de la población es mayor de 65 años y el 36,3% ya tiene más de 55 años. Por sus características peculiares como altas tasas de envejecimiento (índice de envejecimiento 151.9),  Galicia presenta grandes potencialidades como escenario para el desarrollo, implementación y evaluación de políticas innovadoras de atención a las personas mayores, prevención de la dependencia y promoción de la autonomía personal.

El envejecimiento poblacional supone un reto para la innovación a nivel europeo, local y regional, pero también una oportunidad para desarrollar nuevas respuestas con valor añadido a  servicios y productos. ¿Estamos siendo capaces de anticiparnos? ¿De ver esta situación como oportunidades de mejora e innovación en nuestro entorno?

Fai click aquí para seguir lendo e saber máis sobre este proxecto

ATEGAL 2017/2018. Programa de envellecemento activo, Aulas Senior de Galicia

ATEGAL ten nove sedes de Galicia: A Coruña, Ferrol, Padrón, Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso onde desenvolve o programa formativo e presencial para persoas de 50 ou máis anos.

Son centros de referencia onde atopo a formación que preciso, adaptamos os contidos e metodoloxías ás demandas do grupo. É un modelo de éxito dende hai 40 anos.

Nas Aulas impartimos unha media de 50 horas semanais en 18 seminarios distintos de actividades presenciais a longo do curso académico dende  de outubro a maio, en tres grandes áreas: Saúde, ocupacional e cultural. Sen esquecernos da área de lecer e participación social. Así temos ioga, ximnasia, pilates, estimulación cognitiva, música, rondalla, informática, uso e manexo dos smartphones, literatura, arta, galego, historia, inglés, francés, contacontos, teatro….

Ademais esta formación complétase con saídas culturais, musicais, visitas a exposicións, viaxes, concertos, etc.

Proxecto “Active post-working life”, en colaboración coa Xunta de Galicia, Consellería de Política Social

Impartimos charlas, creamos un espazo de diálogo, fundamentalmente nos centros socio-comunitarios da Xunta de Galicia, pero tamén en asociación de veciños, entidades sociais…para persoas maiores, xubiladas ou próximas á xubilación. Nestas charlas analizamos polo miúdo os retos que hai que afrontar ao cumprir anos nos diferentes eidos da saúde, da relación coa familia, etc. Sempre   dende   un  enfoque   de   participación   e   de   empoderamento sendo os maiores os protagonistas e axentes activos.

Escoitaremos e procuraremos que sexa un espazo de diálogo, de intercambio de experiencias, inquedanzas e necesidades de cada entorno, co fío condutor de qué podemos facer e cómo hai que facelo para   atoparse   mellor, dende  o  máis sinxelo e próximo a cada un deles.

Proxecto NEURON_UP, Estimulación cognitiva on-line e con dispositivos móbiles, co patrocinio da Obra Social La Caixa.

NEURONUP é  unha plataforma líder de rehabilitación cognitiva profesional. A  mellor ferramenta de adestramento cerebral, que permite realizar unha intervención intensiva e personalizada, sendo un recurso de gran valor para os especialistas en procesos de neurorrehabilitación e prevención de  déficits cognitivos funcionais.

Con este proxecto buscamos dar un paso máis na formación de calidade que nos avala, introducindo de forma natural, non imposta, as novas tecnoloxías á dinámica diaria da clase. Esta formación pode ser con ordenador e tamén con tabletas dixitais que poñemos a disposición dos alumnos.

ATEGAL é pioneira ao utilizala dentro do ámbito da prevención.

Proxecto “Smart ATEGAL Ageing on way”, co apoio da Fundación Vodafone España..

Impartimos formación no uso e manexo do Smartphone para persoas maiores

Por cuarto ano consecutivo formaremos a máis de 600 persoas maiores por toda Galicia, nas nosas sedes acudindo a centros de maiores da rede pública, apoiando as aulas Cemit, asociación de mulleres rurais, asociación veciñai. Trátase que a formación chegue e sexa útil para quen ten que dar o paso e incorporar estes teléfonos intelixentes na súa vida e para a promoción da autonomía persoal.

No seguinte enlace pódese acceder a “video- píldoras informativas” do uso de smartphone para persoas maiores, elaboradas pola Fundación Vodafone

http://www.fundacionvodafoneconlosmayores.com/

Proxecto “Simpactico”, Proyecto Europeo H2020 no qué é socio a Xunta de Galicia, coa Universidade de Deusto e HIbérica

(SIMPATICO. SIMplifying the interaction with Public Administration Through Information technology for Citizens and cOmpanies)

SIMPATICO é un proxet  o europeo que ten por obxectivo mellorar a experiencia dos cidadáns e das empresas nas súas iteración diarias coa administración pública, A misión será conseguida mediante unha solución baseada en tecnoloxías avanzadas e no envío de e-services persoalizados, que son máis comprensibles eficientes e efectivos.

Nós intentaremos facer amigable formularios da administración electrónica da Xunta de Galicia, en concreto, os nosos alumnos testearán o formulario de solicitude de balnearios. As probas vainas realizar ao redor de 80 alumnos e interesan moito os alumnos das zonas máis rurais, empezaremos con Padrón.

Outros proxectos