ACTITUDE+55

ACTITUDE+55 é un espazo de formación e participación para maiores de 55 anos. Un colectivo que se caracteriza pola súa actitude positiva, a súa disposición ante os cambios e as súas ganas de acadar novos obxectivos que lles aporten valor no seu día a día.

En ATEGAL queremos dar resposta as diversas  realidades que se dan nos  fogares e nas vidas das  persoas maiores de 55.

Todas elas activas, con inquedanzas persoais e  sociais e dispostas a  continuar aprendendo, que  buscan diferentes formas de  xestionar o seu tempo  libre, xa sexan soas ou acompañadas dos fillos/as, dos seus familiares ou  amizades.

Son moitas as actividades  que pouco a pouco iremos  incorporando a  ACTITUDE+55 , xa que son  moitas as persoas que hoxe  están demostrando que cumprir anos  adaptativamente, significa  estar activos, emprender,  estar dispostos os cambios  biolóxicos, culturais,  sexuais e sociais. Un espazo  aberto a participación no  que tamén queremos que as persoas asociadas  contribúan con ideas e ca  súa opinión, sobre aquelas  actividades de formación e  ocio que lles gustaría atopar en ATEGAL.

Un espazo para sumar, para compartir.

Benvidos/as.

Obxectivos Actitude+55

Impulsar unha continuación ou ampliación da vida  académica e un  desenvolvemento de aptitudes
á procura de empregabilidade.

Promover unha formación
permanente e un intercambio de experiencias e actividades
encamiñadas ao fomento da
calidade de vida das persoas.

Favorecer distintos momentos de ocio mediante facilidades de acceso ao mesmo, así como
orientacións e espazos para que este se produza.

A acollida de distintos perfís nunha nova proposta  innovadora baseada na cooperación e no traballo.

Ir al contenido