- Este evento ha pasado.
Día da muller na nosa semana de formación en liña

Somos feministas, por iso queremos poñer no foco na muller durante esta semana de formación en liña.
Celebramos este 8 M desde a cultura para reflexionar. Repasaremos a presenza da muller na historia da arte e a literatura. Como cada luns, goza dun espazo aberto no noso café literario: comparte, aprende, sente.
E non te perdas o taller único deste martes! Antonio González céntrase na nosa cultura para falar da muller. Galicia é terra de lendas, pero como fala das súas mulleres? Descobre moito máis do que somos os galegos e as galegas neste encontro.
Todas estas propostas e moitas máis na nosa plataforma. Non deixes de aprender nin de gozar. Participa nesta semana de formación en liña sobre o Día da Muller!
E se aínda non estás rexistrado/a en as nosas aulas virtuais, a que esperas? Tes todo por diante para dar máis vida á túa vida.
