Loading...
Desde hoxe, as persoas senior de Galicia teñen un espazo dixital especialmente pensado para elas onde poderán consultar as actividades ocupacionais, culturais e de ocio, ademais doutros recursos útiles e de interese. A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL) vén de publicar a súa nova APP, na que recolle as diferentes actividades e recursos que pon a disposición das persoas usuarias. A aplicación, que xa está dispoñible para IOS, tamén se poderá descargar en Android a partir de mañá, 31 de decembro. A través desta aplicación, que...
Como non hai mellor forma de entender a historia que vivíndoa, ATEGAL Santiago levou a cabo unha ruta polo Casco Histórico de Santiago para analizar a pegada que a historia nos legou a través das súas rúas. A actividade englóbase no proxecto da asociación Nin idadismo nin fenda dixital. Tips de historia. A través da elaboración de vídeos curtos, Ategal comparte coñecementos de historia – dende o paleolítico ata a Idade Media, con especial incidencia no tema da Catedral e o Camiño de Santiago – nunha linguaxe atractiva para as...
ATEGAL forma parte dende o comezo da rede internacional StopEdadismo onde queremos concienciar á sociedade e a nosa contorna do que é a discriminación por temas de idade e como a través da educación, a lexislación e as actividades entre xeracións podemos traballar para que loitar contra esta discriminación. Formamos parte do Consello Asesor da primeira estratexia galega en contra do Idadismo e temos en marcha proxectos para visibilizar os microedadismos que temos incorporados no noso día a día e temos que desterrar.