AXENDA
- Este evento pasou.
VIGO | Ruta en barco polo río Ulla
Todo o día

Coa colaboración da Deputación de Pontevedra, as Aulas de Vigo organizan unha escapada relacionada co apóstolo Santiago. Trátase dunha excursión en barco polo río Ulla onde os asistentes coñecerán o Roteiro Traslatio por Mar do Apóstolo.
A viaxe inclúe:
- Roteiro guiado en barco polo Río Ulla (Vilanova – Pontecesures)
- Comida en Pontecesures
- Visita ao Centro de Activación Torres Oestes
- Traslado en autobús
As inscricións serán en Secretaría a partir do 23 de abril e ata o 6 de maio ou ata esgotarse as prazas. A saída será o 14 de maio desde a Praza Fernando o Católico (10:00H).
