Ategal e o Concello de Padrón renovan convenio de colaboración

esta nova

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir
De esquerda a dereita: o presidente de Ategal, Angel Fagilde e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira.
O convenio entre Ategal e o Concello de Padrón servirá para poñer en marcha o novo curso das aulas senior da localidade.

 

 

 

 

 

 

 

(Víctor Sariego, 31/10/2018).- O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente das Aulas Senior de Galicia (Ategal), Ángel Fagilde Trabada, asinaron en días pasados a renovación do convenio de colaboración en virtude do cal o goberno padronés concédelle a Ategal unha nova achega económica de 3.000 euros e mantén a cesión das instalacións onde desenvolve a súa actividade.

As Aulas Senior de Galicia en Padrón traballan no Centro Social municipal desde hai case 25 anos en colaboración co concello, que ademais de ceder as instalacións e conceder unha axuda económica, tamén aporta funcionariado para algunhas das actividades e cursos que se celebran na entidade, como, por exemplo, de monitores deportivos.

Apoio conxunto

“Os cursos e actividades de Ategal Padrón realízaas a entidade co apoio do Concello”, explica a directora das aulas no municipio, Mari Cruz Taboada Álvarez, “por iso se pode ofrecer unha gran oferta de formación a un módico prezo”, asegura. Taboada, que también estivo presente na renovación do convenio, explica que a entidade é das máis numerosas de Galicia en número de alumnos e alumnas, con case 300 e con gran actividade durante todo o ano.

Ategal Padrón comezou en outubro o seu novo curso 2018-2019 cun amplo e variado calendario de cursos na área de saúde con actividades como ximnasia, pilates, educación para a saúde, adestramento cognitivo, camiñatas saudables; e tamén na área cultural e formativa, con literatura, historia, idiomas; o na área ocupacional, con pintura, música, informática, etc. Ademais, a entidade celebra todo tipo de actividades de confraternización, excursións, reunións e obradoiros.