Polo seu 40 aniversario Ategal convida a todas as persoas maiores a unha ‘quedada’

esta nova

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

(Víctor Sariego, 2/11/2018).- O vindeiro 8 de novembro, as Aulas Senior de Galicia, Ategal, cumple 40 anos desenvolvendo o seu labor como entidade de formación para persoas de 50 anos en adiante.

Con motivo deste aniversario, a entidade vai celebrar unha festa conmemorativa con varias actividades.

E por iso, Ategal, convida á todo o seu alumnado e as súas familias; a todos os alumnos e alumnas que o foron no seu día; aos familiares de aqueles xa falecidos que foron alumnos a alumnas; e, en xeral, a todas as persoas maiores de Galicia ou as que estean interesadas nesta celebración ou na propia entidade, sexa cal sexa a súa idade.

A xornada comenzará cunha andaina, como unha ‘miniperegrinación’ dende o Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, ata a súa catedral; cunha posterior recepción no Concello da cidade; unha xuntanza diante do Pórtico da Gloria; misa con ofrenda ao apostolo; e un xantar multitudinario no Hostal Reis Catolicos.

O programa podese consultar neste enlace directo.