Maiores e infancia fan da Merenda Solidaria de Ategal un gran éxito

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

(Víctor Sariego).- As Aulas Senior de Galicia (Ategal) celebraron este xoves na súa sede de Santiago unha merenda solidaria co obxectivo de divulgar publicamente o labor da Cociña Económica local e da Asociación de Voluntariado San Vicente de Paul e recoller –de xeito voluntario entre os asistentes– alimentos non perecedeiros ou aportacións económicas para ambas entidades.

No evento, Ategal recolleu 450,20 € para a Cociña Económica e varios kilos de alimentos non perecedeiros para a Asociación de Voluntariado San Vicente de Paul.

A merenda solidaria de Ategal resultou un éxito de convocatoria e participación na que se achegaron máis de 100 persoas maiores, a meirande parte delas alumnos e alumnas da propia entidade, e varios cativos. De feito, Ategal organizou a xornada de xeito lúdico e festivo con xogos interxeneracionáis, chocolate con churros para todos e un sorteo de varios productos entre os asistentes.

Ademáis de Ategal colaboraron desinteresadante neste evento solidario:

A Praza de Abastos de Santiago de Compostela

Peluquería Patricia Fernández

Clínica Dental Macía

Floristería Pétalos

Nas redes