Proxecto “Espazo Interxeracional”

Atendendo á súa finalidade toda práctica interxeracional pretende acadar o obxectivo DUNHA SOCIEDADE PARA TODAS E TODOS, unha expresión que propuxo Nacións Unidas non só para dar cabida a todas as idades senón para responder ás súas necesidades e procurarlles unha maior calidade de vida.

Este experiencias de relación e cooperación entre persoas de diferentes idades, orientadas a favorecer a transmisión e intercambio de coñecementos, competencias e valores, e que ademais de posibilitar o enriquecemento persoal e grupal, poden contribuír activamente á cohesión e desenvolvemento comunitarios.

Con este Espazo interxeracional, inaugurado en outubro de 2018, temos acadado que as actividades interxeracionais estean integradas na vida a organización e estean completamente normalizadas. Temos convertido as Aulas Senior, nunhas Aulas + Social cheas de xente nova. Temos convertidos os luns en luns de ATEGAL.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

Nas redes