Actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do Coronavirus COVID-19

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

Segundo o comunicado oficial da Xunta de Galicia do día 12 de marzo de 2020 e en consecuencia co mesmo, sendo ATEGAL un centro de formación socio-cultural para persoas de 50 ou máis anos é a nosa obriga suspender ás actividades, en todos os centros, dende o próximo luns 16 de marzo por un período de 14 días.

Unha vez transcorridos os 14 días, e seguindo as indicacións das Administracións públicas, indicaremos se retomamos a actividade ou temos que prorrogar a suspensión.

Se algún dos alumnos ou profesorado de ATEGAL da positivo nesta doenza ou están afectados por medidas de confinamento e/ou corentena deben comunicalo ás autoridades sanitarias e agradecemos que o fagan tamén a ATEGAL no teléfono 618184344, sempre que lles sexa posible, ou mediante un correo electrónico ao enderezo administracion@ategal.com para tomar as medidas oportunas.

Lamentamos as molestias ocasionadas e agardamos que desta nova situación, inesperada, saibamos sacar algo de proveito para todos e cada un de nós, que sigamos gozando de boa saúde e poidamos vernos todos moi pronto de volta.

Un forte abrazo, en Santiago a 12 de marzo de 2020.

 

Asdo. Angel Fagilde Trabada

Presidente da Asociación Cultural Galega De Formación Permanente de Adultos

Nas redes