ATEGAL despídese do ano en familia

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir
As Aulas son un lugar para compartir, para convivir, para gozar en familia. Por iso, nestas datas tan especiais decidimos pasar tempo xuntos. Todas as aulas de Galicia reuníronse para despedir o ano coa compañía que escollemos cada día. Os alumnos e alumnas de ATEGAL compartiron ceas, comidas e, mesmo, bailes de Nadal antes de gozar das vacacións. Porque ATEGAL tamén é familia. Alí rímonos, apoiámonos e, por suposto, aprendemos xuntos. Por iso, estamos a desexar volver das vacacións para contarnos todo o que fixemos estes días de descanso, e tamén para pensar en todo o que faremos este 2023. Polo momento, descansemos, pronto volveremos á acción para dar máis vida á vida.

Nas redes