5 de decembro | Día do Voluntariado en ATEGAL

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

As Aulas Sénior de Galicia reivindican a diario un papel protagonista para os maiores nesta sociedade. Pero son eles quen demostra que o talento non entende de idade.

ATEGAL confía no voluntariado como unha ferramenta para construír unha sociedade mellor. Por iso, as Aulas manteñen unha estreita relación cos equipos de voluntariado de Galicia.

O alumnado colabora con campañas como as do Banco de Alimentos, a Asociación Española Contra o Cancro, e forman parte do Voluntariado de Galicia. Por iso, este 5 de decembro sumámonos ao Día Internacional do Voluntariado.

Hoxe reafirmamos o noso compromiso coa formación, a participación e a solidariedade.

Nas redes