ATEGAL pasa o Nadal en familia

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

Sempre dicimos que as Aulas son un fogar para moitas persoas, e estes días representan unha parte diso mesmo.

 

ATEGAL sempre está presente para o alumnado, o equipo e os colaboradores das aulas. Por iso, cada vez que se achega o Nadal todos reunímonos nunha cea ou comida familiar para celebrar un ano máis.

 

Desde Ferrol a Vigo, todas as sedes escollen un día para este encontro no que todo son emocións. Son días de moitas risas, moitos recordos e, por suposto, novas anécdotas.

 

ATEGAL sempre ten as portas abertas para esta fermosa familia.

Bo nadal!

Nas redes