Chegan novas alumnas de prácticas a ATEGAL

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

As Aulas son un lugar no que sempre hai algo que aprender, e iso é para todos.

O equipo de ATEGAL, os usuarios e usuarias, e por suposto tamén o alumnado de prácticas recibe leccións a diario.

Reunímonos coas recentemente chegadas para falar sobre como seguir crecendo, como mellorar o noso traballo para as persoas e como ser mellores.

Este intercambio de coñecementos e puntos de vista axúdanos a que as Aulas sexan o mellor lugar onde facerse maior.

Durante o seu período de prácticas en ATEGAL, as novas incorporacións traballarán cos usuarios e usuarias, desenvolverán os seus propios proxectos e terán a oportunidade de crecer profesionalmente.

Dámoslles a benvida e desexámoslles que gocen tanto das Aulas como todos facemos!

Nas redes