Ategal conmemora o Día Internacional das Persoas Maiores con actividades culturais e interxeracionais

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

As Aulas de Ategal en Santiago e Vigo celebraron o Día Internacional das Persoas Maiores, o 1 de outubro, con propostas centradas no envellecemento activo, a cultura e o encontro entre xeracións.

En Santiago, as actividades desenvolvéronse ao longo dos días previos e incluíron unha clase de ioga ao aire libre, pintura no parque de Bonaval e un encontro interxeracional co alumnado do colexio Doña Emma. Nesta última iniciativa, nenos e nenas compartiron a súa visión sobre as persoas maiores, xunto cos testemuños de Luisa e Lourdes, alumnas de Ategal, nunha reflexión sobre os estereotipos asociados á idade.

Ademais, Iria Álvarez, compañeira de Ategal Santiago, participou o propio día 1 de outubro nunha mesa redonda sobre o envellecemento saudable, organizada no marco dunha xornada da Cátedra de Vida Saudable e da Cátedra Cruz Vermella da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola súa banda, as Aulas de Vigo celebraron a xornada cunha sesión de teatro lido, na que o alumnado amosou o seu talento artístico.

Nas redes

Ir al contenido