O alumnado de ATEGAL protagoniza o Día da Informática

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

O pasado xoves 9 de decembro celebrouse o Día Mundial da Informática. E en ATEGAL celebrámolo da mellor forma que sabemos, aprendendo!

O equipo de Fun polo aire trasladouse ata Lalín para coñecer máis sobre o noso curso de alfabetización dixital. Uso de computadores e móbiles intelixentes, compras seguras, navegación por internet. Todo iso e máis aprenden todos os nosos socios e socias cada día en todas as nosas aulas.

Ademais, a nosa compañeira Noelia Rey lembrou unha das grandes novidades do ano 2022: ATEGAL contará cunha aula en Lalín!

A partir de xaneiro máis veciños e veciñas de Galicia poderán celebrar cada día aprendendo, dando máis vida á vida.

Nas redes